NOSA HISTORIA

Nace no ano 1987

A idea da formación da Asociación Cultural Unión Musical Ponteledesma nace no ano 1.987, cando dous veciños desta comarca do Deza, D. José Casal Balo e D. *Bernardo García Do Río ( antigos músicos ), empezan a darlle forma a unha idea que lles roldaba pola cabeza e a facer as primeiras xestións para crear unha nova agrupación, debido á morriña dunha banda de música por parte dos veciños destas terras do Deza.

Historia

OS INICIOS

Esta nova agrupación comeza con 30 alumnos presentándose ao público en xuño de 1.987, dando o seu primeiro concerto nas Illas de Gres (Vila de Cruces ) baixo a batuta do mestre D. Bernardo García Do Río (primeiro presidente da Federación Galega de Bandas de Música Populares).

Logo de tres produtivos anos da banda ao cargo de D. Bernardo García Do Río, por motivos de saúde vese forzado a deixar a Banda. No período 1990-1995 estiveron como directores da Agrupación D. Rafael Rossell e D. José Luis Represas Carreira ata que chega en 1995 D. Miguel Rodríguez Barrio, que se pon á fronte da banda con tan só 21 anos.

Outro dos logros desta agrupación prodúcese no ano 1.997 coa posta en marcha da organización anual dun Festival de Bandas de Música que se celebra todos os anos no mes de Xullo, co obxectivo de favorecer o intercambio coas principais bandas da Comunidade Autónoma Galega. Así mesmo, tamén participa ao longo de toda a xeografía galega en numerosos certames e festivais.

Historia

PREMIOS

Nos últimos anos a Unión Musical Ponteledesma cultivou importantes premios en prestixiosos eventos que veñen recoñecer e servir de estímulo ao excelente traballo realizado por todos os compoñentes da agrupación. Entre estes méritos destacan:

  • 1º Premio II Certamen Provincial da Diputación de Pontevedra 2002

– Sección Segunda.

  • 2º Premio Certamen Internacional de Bandas de Música Ciudad de Valencia 2003 – Sección Segunda.
  • Premio da Cultura do Concello de Villa de Cruces (2004).
  • 1º Premio IV Certamen Provincial da Diputación de Pontevedra 2004

– Sección Segunda.

  • 2º Premio XV Certamen Nacional de Bandas Ciudad de Murcia 2005 – Sección Segunda.
  • Festival Internacional de Bandas de Música Cidade de Oviedo 2007, primeira banda galega en ser invitada ao mesmo.
  • 2º Premio II Certamen Nacional de Bandas Enrique García Asensio en Minglanilla ( Cuenca ) Ano 2007.
  • 2º Premio Sección Primera do VIII Certamen Provincial da Diputación de Pontevedra 2008.
  • 1º Premio Sección Segunda do VI Certame Galego de Bandas de Música, 2012.
  • 1º Premio Sección Segunda do III Certame Internacional de Bandas de Música Armónico de Toro ( Zamora ) 2016, alcanzando no mesmo a máxima puntuación de todas as categorías.

 

Historia

ACONTECEMENTOS

No ano 2.000 realiza un intercambio coa Banda de Música de Borgo Val di Taro ( Parma ), Italia ).
En decembro de 2002, D. Roberto Hermida Rey, músico formado nesta Banda e compoñente actual da Banda Municipal de Ourense, toma a substitución a D. Miguel Rodríguez Barrio como director da banda.

ACTUALIDADE

Na actualidade a banda está formada por 60 compoñentes, entre os que destacan músicos que colaboran con diferentes agrupacións profesionais das máis importantes da Comunidade Galega, e hoxe en día a Unión Musical Ponteledesma gañouse un lugar entre as principais Bandas de Música da Comunidade Galega.