OBRA SOCIAL

Desde a Unión Musical Ponteledesma estamos especialmente comprometidos cos nenos e a infancia en xeral, que son a fonte de renovación e crecemento da nosa Asociación desde os seus inicios. É por iso que pretendemos facer chegar, ensinar e inculcar a cultura musical a todos eles para o que impartimos clases de música de iniciación, solfexo e instrumento en distintos colexios da nosa contorna, así como en varios núcleos rurais dos Concellos da Estrada, Boqueixón e Vila de Cruces.

E tratamos de ir un paso máis aló neste afán de compromiso coa infancia, para o que a Unión Musical Ponteledesma, con carácter Anual doará o 1% dos seus ingresos a Programa de Axuda e Desenvolvemento á Infancia en África promovidos por UNICEF, así como a organización dun Concerto Benéfico Anual de Nadal para recadar fondos para o devandito fin, levando deste xeito a cabo unha Acción de Responsabilidade Social non só cos máis próximos senón tamén tentando apoiar e mellorar as condicións de vida doutros nenos en África.

Carta de UNICEF para Unión Musical Ponteledesma